Ficción histórica, autobiografía, ciencia ficción e sátira mestúranse neste relato das experiencias de Billy Pilgrim durante a Segunda Guerra Mundial, concretamente na destrución de Dresden.
Matadoiro cinco é unha delirante novela antibélica con viaxes no tempo e no espazo, que se converteu nun dos maiores clásicos da literatura estadounidense.