Cunha linguaxe asequible a todos os públicos, este libro percorre a historia das matemáticas a través dos seus símbolos, dende os glifos dos xeroglíficos exipcios ata a sofisticada notación actual. Permitiranos coñecer historias e anécdotas relacionadas coas matemáticas e coas persoas que realizaron as diferentes propostas. Saberemos, por exemplo, a razón do uso da letra «x» para indicar o descoñecido, descubriremos cal é o mellor método para empaquetar esferas ou sorprenderémonos coa utilidade do número «e» para buscar a parella ideal. E tamén teremos a oportunidade de resolver crebracabezas, enigmas e pasatempos que, sen dúbida, espertarán a nosa curiosidade matemática.