Sinopse
Nesta obra trátanse de reflectir algúns dos ferrados da existencia que están entre o ceo e o inferno, ese territorio ermo dos ninguéns, dos esquecidos, aqueles abonados á caquexia que se pasearon pola historia con minúscula e, tamén, algunhas ducias de nomes propios como o da monxa Exeria. O santo Ligorio coa sua teima pola sodomía dixital, ou un arteiro Jacob Horstius enfrontado a parte da intelectualidade europea do século XVI por cousa dun dente áureo que, ao parecer e para consolar aos cristiáns da continua barbarie otomana, lle saíra a un neniño da Silesia