Os monstros tamén teñen os seus medos; non todo vai ser temerlles a eles.
O vampiro teme ao dentista, ao home lobo non lle gusta cortar o cabelo, a momia ten medo de envellecer...Pero esta noite celébrase o Samaín e, se queren gozar da festa, terán que superar eses medos.
O que aínda non saben é que a sorpresa que os espera vai ser difícil de esquecer.
Ramón D. Veiga obtivo con este libro o Premio Anisia Miranda de teatro para a infancia que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas.