Mefi, Sata E Demi

Autor
Mercedes Neuschäfer-Carlón Dani Torrent
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788484647621
Idioma
Gallego
Nº de páginas
48
Formato
Cartoné
Colección
Seteleguas
13,00€

No centro dunha fraga de enormes e antigas árbores, alzábase un castelo tebroso. O seu dono, o conde Similoff, un estraño e aveso personaxe, vivía alí cos seus fillos: Mefi, Sata e Demi, tres verdadeiras criaturas infernais. Tiñan os pelos enguedellados, as duras orellas rematadas en punta e as unllas dos pés e das mans tan longas e fortes como poutas dunha ave de rapina. Malvados, consentidos e indisciplinados, Mefi, Sata e Demi son o tormento de mestres e serventes. Cando o conde decide volver casar, a chegada das tres fillas da súa nova muller, Bianca, Bela e Angui, tan aparentemente doces, limpas e ben educadas, fará que estes tres irmáns por fin atopen a forma do seu zapato e tomen da súa propia menciña. Porque ata as criaturas máis anxelicais se poden converter no peor pesadelo.