Sinopse
O desexo de escapar dun mesmo e da grisalla cotiá, de ser outro e de vivir outras vidas, posibles e distintas, é o fío conductor dos relatos agrupados en O mellor francés de Barcelona, un libro no que Bieito Iglesias ofrece un retrato enérxico e irónico da Galicia contempoánea realizado coas armas da imaxinación, o humor e unha infrecuente riqueza expresiva.