Arredor de guerras e exilios, técense as vidas contadas en Memoria de cidades sen luz, a novela coa que Inma López Silva (Santiago de Compostela, 1978) obtivo o Premio Blanco Amor de 2007. Librepensadoras que aman galeguistas, guerreiros polacos que queren ser Victor Hugo, ne-nos que converten en Troia a praia do Orzán. A Coruña dos anos trinta, o París aloucado e de-primido dos corenta e dos cin-cuenta, unha Barcelona de bom-bardeos e partidas de póquer, Benos Aires e Nova York son as cidades polas que transita o pro-tagonista deste relato en primeira persoa, desta porción de memoria que non sae nos libros de historia.