Este libro está feito dun entramado de historias que transcorren no "Lugo estraño e fantasmal do alcalde López Wittgenstein", circunstancia imaxinaria coa que o autor alude a ese período desgraciadamente real e aínda próximo de destrución sistemática do pasado das nosas cidades. Ameazado pola ruína, o Lugo de Memoria de derribos é un espazo no que a marabilla ten a capacidade para sobrevivir a un programa de desfeita municipal. Con este libro singular Miguel Anxo Murado incorporouse á literatura galega.