Sinopse
Percorre o lustro de ilusión e liberdade que foi a II República e o tempo do medo chegado co golpe de estado militar do aciago verán de 1936. Un relato sobre a nosa “microhistoria incómoda” baseado en fontes arquivísticas, en testemuñas orais e arquivos privados co que sacar do esquecemento e poñer rostro a aquela xente. San Miguel de Oia tamén foi republicana.