Sinopse
Máis que entregarnos unha escolma de relatos, o que fai Ana María Arellano é transformar as páxinas do seu libro nunha bandexa na que nos dá a probar unha chea de delicatessen. O resultado é un xogo nada inocente pero sempre ameno e curioso, un xogo con consecuencias. Con todos os ingredientes dun manxar literario no que a riqueza de recursos deleita sen fartar.