Emoción e beleza, o fondo amor entre un pai e unha filla, ou a capacidade para ver máis aló das limitacións visuais están presentes neste libro. Porque vivir na escuridade ou ter un campo de visión reducido non ten por que impedir o desenvolvemento dunha vida plena que, como no caso destes personaxes, converte o traxecto á escola nunha aventura onde a cidade se transforma nunha selva con bravas criaturas e sons fascinantes, ou un paso de peóns na ponte sobre un caudaloso río.