Mil vidas ten o Milladoiro das Pozacas de Cerqueda. Unha construción que une unha parroquia, que representa eses valores de tradición, artesanía, arte… que fan de Cerqueda un lugar especial.
Así é Cerqueda nos contos que Adriana Andrade vén de recoller na novidade literaria da semana. “Milladoiro de Contos”, editado por Edicións Embora e con ilustracións de Teresa García Fdez., é o novo xeito de facer parroquia. De feito, os dereitos de autor están cedidos ao «Proxecto A Croa do Castro de Cerqueda», para seguir pon~endo en valor este xacemento da Idade de Ferro como recurso de desenvolvemento turi´stico e econo´mico do territorio.
Como conta a propia autora, “son historias dedicadas aos son~adores de novas esperanzas como camin~os de futuro que andar cada di´a”, con “mencio´n especial merecen as familias da parroquia de Cerqueda de quen herdamos ese zume e paixo´n dunha singular forma de vivir tan nosa”.