Mito Da Alma, Ciencia E Relixion

Autor
Gonzalo Puente Ojea
Editorial
Editorial Laiovento
ISBN
9788484871378
Idioma
Gallego
Nº de páginas
702
Formato
Rústica
30,00€

Sinopse Este libro desexa amosar que o eixo entorno ao que se debe dilucidar a cuestión do fenómeno relixioso non é o concepto e a existencia de deuses -que non son máis que imaxinarios referentes secundarios e derivados de reelaboracións do animismo prehistórico e a superstición dualista, amplamente explicados no meu libro Ateísmo y Religiosidad. Esta cuestión ventílase no ámbito das actuais relacións da ciencia coa relixión; é dicir, a necesidade de saber se, ademais da materia e os seus produtos, existen espíritos ou factores inmateriais constitutivos dun plano animista superior ao da realidade natural (mundo físico), situado por encima da natureza e das súas leis-descubertas e sistematizadas polo progresivo avance da ciencia, que se subordina a unha suposta sobrenatureza (mundo espiritual). A relixión garante ilusoriamente a crenza na eternidade da vida, e na cancelación da morte. Fronte a esta superstición xeradora dun mundo de carácter esquizoide, o materialismo unitario representa a concepción científica da realidade. A actividade da ciencia camiña con paso acelerado e seguro cara á radical supresión do sobrenaturalismo, tanto na expresión evolutiva das súas formas sacras como na proliferación actual das súas formas secularistas. O ateísmo hai que definilo hoxe, na súa xeneralidade, como a irrelixiosidade