Mortos De Ningures

Autor
Pereledi
Editorial
Editorial Everest, S.A.
ISBN
9788440311788
Idioma
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
Colección
Punto De Encontro
9,25€

¿O sangue é vermello? Ata a aparición daquel cadáver a inspectora Nola sempre pensou que si. Na última semana, en Todures apareceron mortos seis inmigrantes procedentes de Ningures. ¿Por que todos eran ningurenses? ¿Cantas persoas máis ían morrer? ¿Por que o sangue daquel cadáver era verde? ¿Que se agochaba tras aquilo? Á inspectora Nola amólalle non dar contestado os interrogantes. Por iso se fixo investigadora: para non deixar ningunha pregunta voando no aire. En "Mortos de Ningures", coa axuda do seu inseparable gato Lolo, Nola porá toda a súa vontade en resolver este enigmático caso. Pero isto non é garantía de éxito. Ás veces, malia os esforzos, malia o empeño, algúns casos non se dan resolto. PERELEDI Esta novela está escrita a dúas mans por Pere Tobaruela e Ledicia Costas. Pere naceu en Barcelona e actualmente vive en Rois. Escribe en catalán, galego e castelán. Con corenta obras publicadas nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e do resto do estado, este autor só se dedica á escrita. Ledicia é de Vigo. Poeta e narradora, escribe desde moi nova. De feito, con 17 anos publicou a novela xuvenil "Unha estrela no vento". A súa produción poética é abundante e está recollida en diferentes publicacións colectivas.