MULLERES ESPONTANEADAS

Autor
ÁNGEL ARCAY BARRAL
Editorial
Baía Edicións
ISBN
9788499953847
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
65
Formato
Rústica
Colección
Rustica
12,00€

Gañadora do IV Premio de Investigación Hume 2021 (As Pontes)

Resultado da investigación de Angel Arcay Barral sobre as nais solteiras de finais do século XVIII, este ensaio presenta os datos sobre a existencia dunha figura xurídica única en Galicia, que abría a porta á normalización da existencia de nais solteiras con todos os dereitos, o que lles permitía vivir a súa sexualidade sen dobregarse á vontade masculina.

Ángel Arcay Barral realiza un importante estudo, centrado nas comarcas do Eume e Ferrol e no que recupera 555 expedientes do Arquivo Notarial da Coruña, sobre aquelas mulleres que se presentaban voluntaria ou obrigadas ante as autoridades para autoinculparse polo feito de teren quedado embarazadas. Estas mulleres, na inmensa maioría dos casos viúvas ou solteiras, contan ante as autoridades todo o proceso do preñado coa intención de recibir o perdón pola franqueza das súas declaracións, logrando con iso tamén un salvoconduto para non seren molestadas por tal feito.
Ángel Arcay, dando continuidade a investigacións similares realizadas por Ana Romero Masiá, Serrana Rial García e Miguel García-Fernández, explica as chaves e a importancia deste concepto xurídico case descoñecido e único na Galiza dos séculos XVIII e XIX.