Sinopse "Hai xa tres séculos desde que veu á nosa biblioteca para sempre xamais, coa súa preciosa carapucha vermella e a súa torta e o seu tarro de manteiga, a facer máis habitable a selva escura da infancia." Como nos lembra Luís Alberto de Cuenca no limiar deste libro, van trescentos anos e Carapuchiña Vermella segue amosando unha envexable saúde. Infinitas camiñadas á casa da avoa, infinitos encontros primeiro e segundo co lobo non dan fatigado á sempre disposta Carapuchiña Vermella. Velaquí unha boa proba: dez achegamentos de autores galegos actuais ós personaxes que Perrault imaxinara. - dez versións. -visións feitas cos materiais dun conto infantil para o público adulto.