Sinopse O contido dunha maleta, unha parella e as súas relacións co destino configuran a fasquía máis inmediata desta novela. Pepe e Carme teñen trinta e nove anos, levan once de mozos e son curmáns. Ela é mestra e el está permanentemente ó dispor dunha axencia de traballo temporal que lle fai encargas nas que conta máis a concentración mental có esforzo físico, máis a observación cá acción. Ámbolos dous viven coas súas respectivas nais e semellante farta de familia fai que consideren os destinos laborais de Carme como un alivio.