Na Miña Alma Ouvea Un Lobo

Autor
Xavier Lama
Editorial
Edicións Positivas
ISBN
9788412018424
Idioma
Español
Publicado
2019
Nº de páginas
74
Formato
Rústica
Colección
Rustica
10,00€

Esta é unha obra de ficción conectada cunha casuística real que ten a súa orixe na Gran Bretaña. En 2011, a través do xornal The Guardian, comezan a agromar os primeiros datos, aínda cativos, e nos anos seguintes, ata 2015, irán xurdindo novos casos: uns oitenta policías realizaran labores de espionaxe utilizando a identidade doutros tantos nenos mortos. Resúmeo así un dos personaxes desta obra: “Actuaron con esa nova personalidade entre 1969 e 1994, ata cinco anos despois da caída do muro de Berlín. Infiltráronse nos movementos ecoloxista, antinuclear e antisistema.
Polo menos corenta deses policías mantiveron relacións duradeiras, de carácter íntimo, con mulleres activistas que non tiñan nin idea de que se deitaran durante anos con axentes secretos”. De varias desas parellas naceron fillos. Algún axente chegou a ter relacións de duración moi variable con ata catro mulleres pertencentes a eses movementos. Esta obra conta a historia dun policía con dobre personalidade e dunha desas mulleres que viviron un amor falso. A historia presenta algúns aspectos que sucederon efectivamente nas relacións de parella e no ámbito dos feitos (as queimas de fábricas de peles ou as protestas antinucleares), pero é deliberadamente ficcional.
(NOTA DO AUTOR)