Na Néboa

Autor
Richard Harding Davis
Editorial
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788412128062
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
80
Colección
Narrativa
Traductor
María alonso Seisdedos
12,00€

Na néboa, publicada orixinalmente en 1901, é unha hábil historia detectivesca –só que sen detectives– e asemade un logrado exemplo de novela enigma. Como acontece con outros textos do autor, a aposta decidida polo humor e o entretemento intelixente serán claves no artellamento da trama, unha sorte de whodunit, onde de maneira lúdica e misteriosa se lanzan pistas até por fin chegar á resolución do caso, algo no que anos máis tarde destacarían a nivel internacional autores como Agatha Christie ou o tándem Ellery Queen. Ao día seguinte da gran néboa londiniense de 1897, varios membros dun selecto club, The Grill, recompoñen pouco e pouco o crebacabezas dun presumible dobre asasinato. Tras a demorada reconstrución que conforma o relato marco, ateigada de especulacións, testemuños e narracións intercaladas, un xiro inesperado conduce ao que a crítica definiu, de forma unánime, como un enxeñoso final. Outros engados da obra están na recreación da atmosfera bretemosa e melancólica da capital inglesa, na axilidade dos diálogos, no continuo xogo cos clixés e na utilización, levemente burleira, de personaxes de avoengo (parlamentarios, nobres, princesas rusas…), que se moven e discuten nun atractivo ambiente vitoriano.