"Ela é rápida, el é lento. Matilda é metódica e el un pouquiño trapalleiro. A ela gostústalle o silencio e el é un tanto barulleiro. Aínda así, deciden ir na procura dun tesouro agochado nunha illa perdida. Para iso seguen un mapa que Matilda ten, mais o seu pai, que é moi distraído, frustra continuamente os plans de Matilda. Serán capaces entre os dous de atopar o tesouro?"