Este libro percorre os camiños que o nacionalismo galego transitou aquén e alén mar desde 1936. Un exilio que de xeito sobranceiro tería como máximo expoñente ao deputado Daniel Rodríguez Castelao. Quen xunto outras figuras, caso do destacado Antón Alonso Ríos, erguería un tecido patriótico alén mar do que sería exemplo a Irmandade Galega e o Consello de Galiza, sorte de goberno galego no exilio.