Sinopse
Agora presentamos unha casa onde viven unha morea de amigos: a nena de flan, de pel rubia e torrada polo sol, o bufo esquimó que usa de noite lentes de sol para lucir ollos redondos, a silandeira serpe Ñacaniná, a fada Silasol, que esperta as notas musicais no país dos Fisterras Extremos, a gatiña Dalmacia e tantos outros que nos farán vivir emocionantes aventuras.