Neve

Autor
Brenda Mondelo
Editorial
Chan Da Polvora Chan Da Pólvora Editora
ISBN
9788412590586
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
123
Formato
Rústica
Colección
Poesía
15,00€

Como cada ano, Chan da Pólvora e o Concello de Dodro celebraron conxuntamente o Día das Letras Galegas e fixérono arredor de Neve, de Brenda Mondelo, o volume gañador do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. A editora publica desde hai varios anos o libro recoñecido no certame, que chega ás librarías nun esforzo común co propio Concello de Dodro e coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Neve parte dun feito histórico para construír un singular exercicio literario sobre a memoria pero tamén sobre o compromiso. O luns tres de abril de 1917 chegaba á Estación de Finlandia –na actual San Petesburgo– o “tren que cambiou o mundo”, como se denominaría logo. Nel regresaban do exilio Vladimir Ilich Uliánov, máis coñecido como Lenin, e Nadezhda Krúpskaya, a súa compañeira, impulsora do sistema pedagóxico soviético e dunha decisiva rede de bibliotecas. A partir da figura desta muller –con frecuencia esquecida á sombra de Lenin– Brenda Mondelo reconstrúe aquela viaxe. Faino alancando por riba da crónica histórica nun proxecto literario orixinal e inédito que se nutre de continuos saltos temporais e xeográficos. A autora non só lle rende homenaxe a Krúpskaya –unha personalidade política e humana pola que sinte grande admiración– senón tamén ás xentes do seu Ancares natal, ao seu avó –que cunpriu cen anos o día no que acabou o poemario– ou a todas as persoas que desde nena a fixeron ter conciencia de clase. Estamos ante libro de poderosas emocións que ten por tras do espello, nos ollos, un prado nevado.