O relato é un conto triplo: ós canteiros e o Verbo -ese latín hoxe perdido-, á resistencia antifranquista -que se botou ó monte en defensa da liberdade- e á propia montaña como espazo natural e mítico no que aqueles homes e mulleres porfiaron na loita contra a Ditadura, sabéndose perdedores e querendo para si ese sentimento de perda antes có dun sentimento de triunfo equivocado; e sabendo tamén que todas as guerras as acaban perdendo os mesmos. Un vello canteiro lembra aqueles anos relendo o seu diario.