Sinopse
O protagonista da historia identifícase implicitamente con Carapuchiña Vermella: o seu pai non está na casa, a nai pídelle que lle leve un pastel á avóa enferma e, ao igual que a nena do conto clásico, debe elixir entre un camiño longo e outro curto para chegar ao seu destino.
Un relato fondamente imaxinativo para explorar a creatividade dos cativos, os seus medos e inquedanzas. Anthony Browne acompaña o lector por unha inesquecible viaxe ata as entranas dun bosque cheo de misterio onde nada é o que parece.