Reúnense neste libro practicamente todos os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1972 e 1981, continuando así un volume anterior do mesmo título no que se reuniron os que o autor de Merlín e familia deu ao prelo entre os anos 1963 a 1971. Artigos sobre poetas contemporáneos coma Ted Hughes, Carles Riba e Luís Pimentel, sobre narradores coma Franz Kafka e Rafael Dieste; recensións, notas eruditas e opinións literarias que confirman a idea dunha obra xornalística que é parte significativa da concepción literaria cunqueiriana. Non en van, a redacción dese xornal foi, durante un longo período da vida de Cunqueiro, o obradoiro do fabulador.
Reúnense neste libro practicamente todos os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1972 e 1981, continuando así un volume anterior do mesmo título no que se reuniron os que o autor de Merlín e familia deu ao prelo entre os anos 1963 a 1971. Artigos sobre poetas contemporáneos coma Ted Hughes, Carles Riba e Luís Pimentel, sobre narradores coma Franz Kafka e Rafael Dieste; recensións, notas eruditas e opinións literarias que confirman a idea dunha obra xornalística que é parte significativa da concepción literaria cunqueiriana. Non en van, a redacción dese xornal foi, durante un longo período da vida de Cunquei...