No País Do Nunca Máis

Autor
Xurxo Andrés Lobato Sánchez
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788482886169
Idioma
Gallego
Nº de páginas
176
Formato
Rústica
Colección
Reportaxe
34,00€

Sinopse O naufraxio do Prestige, o 13 de novembro do ano 2002, conmocionou profundamente a sociedade galega. Poucas veces un suceso mobilizou dun xeito tan masivo a xente como o desastre do petroleiro, cargado con máis de 50.000 toneladas de fuel fronte as costas de Fisterra. A ameaza dunha nova e terrible marea negra, de consecuencias moi superiores a outras que as nosas praias xa padeceran (Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Erkowit, Cason, Mar Exeo) alarmou dende o primeiro momento as xentes nosas, tanto os directamente afectados coma outras capas de poboación, producindo un movemento de actividade sen precedentes. Voluntarios de toda España e diversos puntos de Europa acudiron espontaneamente canda as nosas praias para axudar, de primeiras con recursos moi escasos, na defensa contra o contaminador buque. Os acontecementos que sucederon entre as primeiras xornadas e a definitiva ruptura do barco, afastado por orde gubernativa a 120 millas do noso litoral, logo dun periplo de idas e reviravoltas, e as autoridades confusas e inseguras, provocaron un tensionamento no que se viu implicada practicamente toda a sociedade galega. Daquela naceu o movemento NUNCA MÁIS, unha Galicia viva reaccionando fronte ao que consideraba unha mostra engadida de secular abandono. Este libro pretende ser o relato testemuñal e visual dese movemento, dende a orixe, mobilizando a nosa terra fronte a hecatombe, ata os manifestamentos en Bruxelas, diante dos organismos europeos