Un día, Noah escapa da casa. Aos seus oito anos cre que é o mellor que pode facer para fuxir dos seus problemas. Percorre un camiño descoñecido a través de fraga ata que se atopa cunha tenda. Nela vive un vello artesán, fabricante dos incribles xoguetes que enchen o comercio. O artesán ten unha historia que contar, unha historia chea de aventuras e prodixios. O ancián guiará a Noah nunha viaxe que lle cambiará a vida.