Noire Compostela

Autor
Blanca Riestra
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788498657371
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
132
Formato
Rústica
Colección
Rustica
14,50€

En Internet hai algo profundo, algo fondo, maligno. Sen sabelo, convivimos cun pozo insondable, ignoramos o que se agocha nel. Noire Compostela iníciase cunha conversa entre un estudante, Xurxo, e Dafne, que traballa como camareira nun dos bares da zona vella compostelá. A partir de aquí, a trama enguedéllase nunha espiral de segredos imprevisibles e misterios de consecuencias arrepiantes cuxa orixe se remonta no tempo. Os enigmas que envolve a chamada Internet profunda parecen asolagar tamén a cidade nunha realidade ata daquela oculta, a dunha Compostela negra que abrolla dun xeito violento e inesperado. O inspector Touriñán e os axentes especializados en delitos cibernáticos van intentar sacar á luz ese submundo fantasmagórico e virtual que -coma antonte o escurantismo e o cheiro a incenso- invade silenciosamente o ventre pétreo da cidade.