Sinopse
Chisco, un rapaz amigo dos telefilmes e de xogar ó futbolín nos bares, colle o coche de liña para acudir á Casa do Páramo, onde vai pasar uns días cos parentes montañeses. Da cidade ás serras hai escasas decenas de quilómetros, pero media unha distancia de eóns de tempo. Moran alí, hivernados nas covas e florestas do país traseiro, seres mendoños que agardan desde as idades escuras o momento de micar o vigor do sangue e o pulso da vida. Esperan a que os convoque a imprudencia e a ambición humana para saciar os seus apetitos horrísonos. Con estas potencias do abismo debe lidar o noso heroe.