Sinopse
Sara, unha moza de dezaseis anos, narra os acontecementos que durante unhas vacacións na casa da avoa lle axudarán a enfrontar a vida dun xeito distinto. No cuarto que ocupa sentirá o desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apretada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra. Unha emocionante novela sobre a memoria de tantos soños rotos pola guerra, polo exilio e pola distancia.