Sinopse
A morte de Herminio Rotea, un galego emigrado no Brasil, é o feito arredor do cal xira esta novela, que se vai construíndo mediante os testemuños que deitan sobre o finado aqueles que o coñeceron. Este é o punto de partida dunha novela que, como quería Cortázar, apunta á creación "dun lector tan activo e batallador como o propio novelista".