Non Quero Xogar Ás Agachadas Coa Lúa

Autor
Estela Suárez Recouso
ISBN
9788494475023
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
30
Formato
Rústica
Colección
Rustica
9,00€

Estela Suárez, de 27 anos, explicou que escribiu este conto infantil con 15 anos porque unha profesora do IES de Oroso “me pediu un contiño para a súa filla” e que “hai dous meses recibín un mail no que me dicían que ían publicalo”. Unha noticia ante a que reaccionou pensando que “isto escribino con 15 anos, pasaron doce anos. Teño cousas moito mellores. Pero despois collino e pensei que non estaba tan mal”. De feito, asegurou: “acordeime da miña avoa, que dicía que cando se deixan as cousas levedar, saen moito mellor”. A escritora orosá indicou que o seu gusto pola lectura vén de nena, “cando todas as noites a miña nai me contaba contos. E eu tiña moi boa memoria e, cando me cambiaba algo, dicíalle que non era así. Despois, ter unha irmá 9 anos maior ca min fixo que tivera a man todo tipo de libros para ler todas as noites”. Esa inquietude lectora foi a que lle fixo conectar con Miro Villar, profesor de Estela no IES Oroso e que foi quen se encargou tanto de atopar unha editora como de pedirlle a Héitor Picallo que se encargara das ilustracións.