Non todo o que cae na rede é peixe

Autor
Ramón Anxo Martíns Seixo
Editorial
Edicións Morgante
ISBN
9788419040619
Idioma
Gallego
Publicado
2026
Formato
Rústica
Colección
Rustica
Dimensiones
210 x 130 cm
20,00€

Este dicionario pretende contribuír ao coñecemento e bo uso da nosa, bastantes veces descoñecida, fraseoloxía. Para iso, presenta 500 unidades fraseolóxicas de diferentes tipos e niveis de lingua documentadas en moi variados autores e obras. Alén diso, ofrece unha lista castelán-galego coa finalidade de que se relacionen as expresións das dúas linguas para evitar expresións alleas ao noso idioma e innecesarias. Ramón Anxo Martíns Seixo (Vigo, 1959), catedrático de galego de escolas de idiomas na EOI de Vigo, foi director e coautor do Dicionario fraseolóxico galego (2000) e autor, entre outros, dos seguintes traballos: Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega (2013); Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro (Forcarei) (2016) e Dese pau teño eu unha gaita. A fraseoloxía na obra de Manuel Leiras Pulpeiro (2024).