Sinopse
Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve ó lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infancia onde súa nai lle pediu que non volvese. Fóra da súa vida e fóra do tempo pisa con paso fantasmal un lugar de sombras, unha aldea maldita, para desvelar os misterios da súa orixe. A xustiza pola man. Camiños dun territorio que só existe no tempo do soño, do pesadelo. - como corazón, como Yoknapatawpha, como corazón.
Unha viaxe cara atrás, á raíz dos nosos días, á nosa Historia colectiva oculta e á historia persoal dunha xinea de mulleres construídas a poder dunha linguaxe literaria que quere atrapar o tempo íntimo e o tempo épico. E que nos arrastra coa protagonista nunha viaxe ao fondo do noso co-razón e da nosa memoria