Unha familia africana instálase nun novo barrio. No seu aniversario, o pequeno Rafi non ten a quen invitar porque aínda non fixo amizades pero, grazas ás ferramentas que o seu pai lle foi regalando, decide construír os seus propios amigos creando figuras con materiais reutilizados. Un día coñece a Ki, a filladunha parella asiática que vive a carón da súa casa e ofrécese a coser roupa para vestir os bonecos. É así como, ademaisde veciños, convértense en grandes amigos, unidos por unha afección común: a creatividade.Non faltará quen os insulte por seren emigrantes e por coller nos vertedoiros o necesario para traballar, nin autoridadesque poñan trabas a que poidan continuar desenvolvendo a súa imaxinación. Sen embargo, Rafi e Ki fanse famosospolas súas obras e animan a outras persoas a facer o mesmo.