Sinopse
O destino novelesco e misterioso dunha vida marcada pola busca desesperada do perdón.
Quen é Wilson Valderrama? Un santo, un idealista ou un xogador de vantaxe? Por que dedicou os últimos trinta e cinco anos a mellorar as condicións de vida dos máis pobres en Colombia, o seu país natal, e dos emigrantes en Alemaña, onde vive? Por que, enfermo e fracasado, insiste en volver a América? Que o mantén atado a Gloria Inés, pola que sentiu unha paixón sen freo?