Sinopse
A narración bebe con sabedoría nas fontes do esperpento. O último paraíso é o espello dunha sociedade que camiña polo territorio real do absurdo. Alegoría, metáfora visual, mundo metonímico: o paraíso de Papoulandia -a terra dos papóns- transpórtanos, a imaxinación como vehículo, ao cotián da nosa experiencia. Unha fábula para todas as idades: humor, tenrura e un pouso literario que alimenta o coñecemento.