O Abecedario No Pais Das Alvarizas

Autor
XULIO PARDO DE NEYRAO
Editorial
Medulia Editorial
ISBN
9788412364620
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
119
Formato
Rústica
Colección
Rustica
11,90€

O abecedario no país das alvarizas é a presentación do autor no eido da poesía, recollendo un volume de textos onde en dúas seccións, seguindo as letras e os dígrafos do abecedario, a voz poética do lugués retrata un espazo con vocación de apertura mais amurado polas teas que cinxen unha alvariza. Dentro deste edén derruído semella seguir a se ouvir o voo das abellas que, segundo as pautas da calor sinfónica do pasado, quer vir por se tatuar na alma de hoxe, embora retratando o cerimonial dunha morte realmente nunca acadada mais cantada através do ritual.