O Alento Nas Costas

Autor
Natalia Carou Figueira
Editorial
Baía Edicións
ISBN
9788499950792
Idioma
Nº de páginas
336
Formato
Rústica
Colección
Meiga Moira
16,00€

Sinopse A novela comeza cun soño estraño de Mireia, xornalista dunha revista esotérica de Madrid. O soño transcorre nunha aldea preto do lugar natal da protagonista, na Idade Media. Ela ten a sensación estraña de que o personaxe dos seus soños lle quere comunicar algo. Decide retornar á súa aldea dez anos despois de marchar, apremada por un problema de drogas, para facer unha reportaxe para a revista na que traballa. Nas ruínas da aldea aparéceselle o espírito do protagonista dos seus soños, Xoel, un nobre da época medieval. A partir deste momento, relátanse paralelamente a historia de Xoel e a vivencia da xornalista despois do seu retorno á aldea: o reencontro coa irmá e mais a familia, por unha banda, e cos vellos compañeiros das drogas, por outra. Ambos os dous mundos quedan conectados a través dos soños e os misteriosos encontros entre Mireia e Xoel.