Sinopse
Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán no que a nena comeza a ser muller... O amor, a morte, o Alén, os grandes temas de sempre; personaxes cheos de humanidade e un sentido do humor característico. Marina Mayoral, herdeira dunha tradición literaria galega que vai de Rosalía a Cunqueiro, ofrécenos con O anxo de Eva unha das súas novelas máis logradas e de engaiolante lectura