O Armario Novo De Rubén

Autor
Xabier P. Docampo
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788475074344
Idioma
Nº de páginas
72
Formato
Rústica
Colección
Merlin
6,75€

# "O armario novo de Rubén"A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu. "Dacabalo da vasoira"Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver só tiña que ceiba-la man do rabo da vasoira. "Xogando ás agachadas"Cinco irmáns xogaban ás agachadas e a un deles ocorréuselle meterse dentro dunha botella. Para saír tiña que agardar a estar máis fraco. "Chegou un home moi grande"A Fordián chegou un home moi grande cun saco no lombo. Os nenos do lugar desecobren que leva no saco o azul do mar e o verde dos campos. O Brais, a quen todos trataban de parvo, foi o que recuperou o azul do mar e o verde do campo."Bolsas, milleiros de bolsas"A señora Remedios vai gardando tódalas bolsas de plástico que lle dan nas tendas. Un día o vento entrou na casa e levoulle tódalas bolsas emporcallando a cidade; de noite, cando amainou o vento, a señora Remedios foi recollendo as bolsas que puido.