Sinopse
Bia de Medici, filla ilixítima do duque de Florencia, conta os últimos días da súa vida. Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo.