Sinopse
Un día Max perdeuse na vila na que veranea cos seus pais. Vén dar cunha estraña tenda de antigüidades cun dono aínda máis estraño, chamado Wensel.¿Que se pode pensar dun sitio cun cartel que di Non se admiten nenos, nin animais nin curiosos? Max consegue entrar sen ser visto e presencia unha enigmática conversa entre Wensel e un home alto e enxoito de nome Ulises. Finalmente os dous quedan durmidos e Max inicia unha exploración na que xa non sabe se é realidade ou soño o que vai descubrindo.