O Baile Das Mariolas

Autor
Rosa María Vidal Vázquez
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788483027165
Idioma
Gallego
Nº de páginas
120
Formato
Rústica
Colección
Abismos
7,10€

Sinopse O baile das mariolas é un libro de alento profundo. Escrito desde a voz feminina das protagonistas dos relatos, nel aparece expresada, sobre todo, a disconformidade da autora cos malentendidos da sociedade. Partindo de tres elementos presentes en tódolos relatos (a morte, a feminidade e a simboloxía acuática), Rosa Vidal constrúe un libro que se distingue polo emprego dunha lingua rica e vigorosamente poética, e que se ergue en torno a un eixo temático onde están presentes os enfrontamentos xerados polas leis sociais que rexen a humanidade e a problemática feminina, abordada de cheo pola autora. Son relatos que falan, en todo caso, dunha realidade provocada polo sistema social que leva ó home a inscribirse nunha loita de poder depredatorio cos da súa mesma especie sen sentir remorsos, e que se desenvolven nese espacio mítico que é a Costa da Morte, de onde é a autora