Sinopse
O burgués fidalgo é unha xoia do teatro cómico. Partindo da farsa, cos seus procedementos sinxelos, caricaturais e esquemáticos, baseados na xestualidade, nos berros, nos paus e nos sorpresivos reviramentos da situación, Molière fai unha peza na que a sutileza da expresión e da palabra -coa ironía e a variedade dos rexistros- xogan un papel fundamental na construcción da comedia.