O Camiño De Ramón Chao

Autor
Aser Álvarez González
Editorial
ARRAIANOS EDICIONS
ISBN
1570105202306
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
45
Formato
Rústica
Colección
Rustica
13,00€

Están separados no tempo por 1600 anos pero comparten valores e filosofía de vida. A rebeldía e o inconformismo de dous galegos que traballaron por unha sociedade máis xusta e igualitaria e que acreditaban qu outro mundo era posible.
CONTÉN AUDIOS EN CÓDIGO QR

Por unha banda, Prisciliano, o heterodoxo que viviu no século IV e que tan ben sintonizaba co pobo galego, combinando os cultos precristiáns e os saberes druídicos co cristianismo primitivo, denunciando a corrupción da xerarquía eclesiástica. E que precisamente por iso morreu decapitado, acusado de herexía, en Tréveris (Alemaña) no ano 385.

E por outra banda, Ramón Chao, o neno prodixio do piano, xornalista, escritor e intelectual, nado en Vilalba (Lugo) en 1935, infatigable activista cultural e político, que coordinou durante décadas a sección hispana e lusófona de Radio France Internacionale, autor de memorables libros e artigos e creador do premio Juan Rulfo, que morreu en 2018 e cuxas derradeiras teimas foron Prisciliano e o movemento altermundialista.