A Milu gustábanlle os cans. Desexaba ter un, fose como fose: grande ou pequeno, salvaxe ou dócil, silencioso ou ladrador... Un día, mentres regresaba á súa casa, Milu atopouse á beira do camiño cunha bóla grande e peluda? O amor polos animais, a amizade incondicional ante as adversidades e, sobre todo, a liberdade son as cualidades sobresaíntes na obra distinguida co XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. «O can de Milu», de Mariann Máray, é a historia dunha nena e da súa peculiar mascota, que se converte no seu gran compañeiro de xogos e de diversión.