Sinopse
Segundo o propio autor, O canto dos peixes é "unha novela contemporánea" que relata a amizade entre un vello mariñeiro e un neno marxinal. "É unha historia con matices fantásticos e cunha trama simbólica sobre un mar que morreu. As personaxes intentarán descubrir o conxuro que poña fin a esta maldición”.