Sinopse
Vilavedra e Saavedra son os introdutores desta edición a cargo de González Seoane do xenial autor López Ferreiro. Historiador e cóengo do cabido compostelán, a súa prosa pode resultar árida nun comezo pero é unha fonte inesgotada de datos, contextos e información sobre o galego da súa época. Xunto con 'Niño de pombas' e 'A tecedeira de Bonaval', forman unha importante triloxía que nos informa coma ningunha outra dos coñecementos na época decimonónica sobre a Galiza medieval e é unha fonte historiográfica de incalculable valor.